ASÍ FOI...

... o noso Día do Libro 2021.

A Semana do Libro resultou intensa na nosa escola. Unha morea de actividades en torno á lectura que podemos sintetizar deste xeito.

  • Falamos de lectura. O día previo á gran festa, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun encontro virtual con Anémona de Río (Aldara Álvarez García), en torno á súa obra A proba de auga. 

  • Ambientamos a escola. Como xa vimos facendo ó longo deste curso, o Equipo Normalizando e Dinamizando a Convivencia encomendou a ambientación deste día a un dos grupos. Neste caso, a 4º curso de Primaria, que elaborou un mural cheo de recomendacións lectoras. 
http://biblionavia.blogspot.com/2021/04/recibimos-os-nosos-visitantes.html

  • Agasallamos marcapáxinas. O alumnado de Educación Infantil estivo feliz intercambiando marcapáxinas cos compañeiros e compañeiras. Un xeito fermoso de lembrar o día que celebrabamos. 

  • Compartimos lecturas. O alumnado de Educación Infantil compartiu cos seus compañeiros e compañeiras as súas lecturas favoritas. 

  • Creamos: convertimonos en escritores. O alumnado de 1º a 4º de Primaria participou na actividade Escribe, ilustra e regálame un conto. 
http://biblionavia.blogspot.com/2021/04/escribeme-ilustrame.html

Comentarios