LER O MUNDO CON GAFAS AZUIS
Unha quincena adicada ó autismo.
O pasado 2 de abril celebrouse o Día Mundial do Autismo. Nesa data estabamos de vacacións de Semana Santa. Sen embargo, na escola non quixemos pasar por alto esta data tan importante que nos axuda a ser mellores persoas.
Por este motivo, o Departamento de Orientación preparou unha morea de marabillosos materiais para traballar durante estas dúas primeiras semanas do trimestre, materiais que nos axudarán a ser máis empáticos e a ler o mundo dende unha visión distinta.
Todos estes materiais recompiláronse nunha presentación de Genial.ly que continuaremos a traballar a vindeira semana.
Para esta propuxéronsenos as seguintes tarefas:
- Mércores 7 de abril:
- Lectura da diapositiva 2 (Conéctate ó azul)
- Vídeo: Suceden cosas asombrosas
- Xoves 8 de abril:
- Vídeo: Bet y el TEA
- Vídeo: El viaje de María
- Venres 9 de abril:
- Elaboramos as nosas gafas inclusivas
Algúns, coma os de 5 anos A, complementaron a proposta con lecturas inclusivas, como Elmer, que tamén lles permitiron traballar de xeito cooperativo.
Tanto o alumnado coma o profesorado estivo moi implicado co tema. Despois de realizar as tarefas propostas, todos respiramos cunha sensibilidade distinta, e estamos a desexar que chegue a vindeira semana para saber máis sobre o autismo.
Mentres tanto, deixámosvos coas imaxes das nosas gafas azuis, que nos permiten ver o mundo cos ollos das persoas TEA. (Premede na seguinte imaxe para ver máis imaxes da xornada).
Comentarios