XOGANDO A SER ESCRITORES

Polo Día do Libro.

O alumnado de 1º e 2º de Primaria estivo estes días moi atarefado xogando a ser escritores. Algúns deben de levar a escritura nas veas, porque os minilibros manuscritos pululan polas aulas coma formiguiñas ó chegar a primavera. 

Para desenvolver esta tarefa, o Equipo de Biblioteca presentou ás titoras unha proposta de traballo que, resumindo, consistía en tres fases

  • planificación do conto
  • escritura e ilustración en formato papel
  • creación dun produto audiovisual empregando a app Book Creator

Para axudar mellor no proceso creativo, a proposta incluía un modelo e un exemplo de conto

Xa que os cativos traballaron en grupos cooperativos, desenvolvéronse as seguintes competencias clave
  • comunicación lingüística
  • competencia dixital
  • aprender a aprender
  • competencias sociais e cívicas
Para ver como foi todo este proceso, premede na seguinte imaxe: 


Por último, presentámosvos algúns dos traballos máis salientables, aínda que pronto poderedes consultalos todos. 












Parabéns polo voso traballo, rapazada!

Comentarios