ROBOTIZ-ARTE
Obradoiros de Robótica en Primaria.
A comezos do mes de marzo, o alumnado de 1º a 4º de Primaria participou nunha serie de obradoiros ofrecidos por AFundación que tiñan en común a Robótica.
Os cativos tiveron que construír os robots empregando material de refugallo, e logo empregáronos para facer arte. Os maiores iniciáronse na programación.
Neste vídeo montado pola profe Sandra poderedes darvos unha idea do traballo realizado.
E estas imaxes son algúns dos resultados do traballo artístico.
Comentarios