AS PALABRAS QUE LEVOU O VENTO
Xogando coa lectura e a escritura.
Este trimestre, a rapazada de 1º curso de Primaria estivo a traballar cun fermosísimo álbum da nosa biblioteca: Las palabras que se llevó el viento.
Unha lectura que fala dese vínculo especial que se crea entre os pais, os fillos e as palabras cada vez que contamos un conto antes de ir durmir.
Unha historia que nos fala de fantasía e creatividade e nos anima a xogar coas palabras, achegándonos á escritura dun xeito creativo.
Neste enlace podedes acceder ó material que temos creado.
Premendo na seguinte imaxe veredes máis fotos da actividade.
Comentarios