DESPOIS DA CHUVIA

Unha fermosa historia para un día especial. 

Mañá, 23 de abril, celebramos o Día de Libro, unha xornada moi especial para todas as bibliotecas, e máis aínda, para as bibliotecas escolares. 

Na nosa escola estamos a traballar moito estes días para conmemorar esta data. E, para a nosa Hora de Ler, temos preparada esta fermosísima historia narrada por Ainoa e Víctor, alumnos bibliotecarios de 5º A.

Despois da chuvia, de Miguel Cerro, foi a obra gañadora do Premio Compostela de Álbum ilustrado na súa edición do ano 2020. 

 Esperamos que vos guste tanto coma a nós. 

Comentarios