CONÉCTATE Ó AZUL!
Segunda semana de concienciación sobre o autismo.
Continuando co traballo realizado a semana pasada, o Equipo de Orientación fixo unha nova proposta para coñecer mellor o autismo. Nesta ocasión, cunha nova presentación de Genial.ly na que se ofrecen materiais de concienciación dirixidos a toda a Comunidade Educativa.
A proposta rematou coa creación dun puzzle colaborativo no que cada aula expresou as súas conclusións. Iso si! Sempre en cor azul.
Unha quincena que serviu para facer visible o autismo na nosa escola, para sensibilizarnos e poder entender situacións máis próximas do que imaxinamos.
Se premedes na imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos.
Comentarios