ESCRIBE, ILUSTRA...

 ... e regálame un conto. 

Co gallo do Día do Libro, dende o Equipo de Biblioteca propuxemos unha actividade creativa para o alumnado de Primaria: agasallar ós compañeiros cun conto creado por eles mesmos. 

Antes de pasar a analizar o proceso de creación hai que salientar que a rapazada estivo entusiasmada escribindo os seus contos, algúns de gran calidade. A fame da escrita calou moi fondo nestes cativos tan pequenos. E iso non deixa de ser un orgullo. 

Segundo a idade dos rapaces fixéronse dúas propostas

Participaron os catro primeiros niveis, e cabe salientar que 3º de Primaria traballou sobre a proposta dos maiores. 

Por outra banda, en lugar de facelo de xeito individual a proposta foi adaptada á estrutura de grupos de traballo cooperativo, desenvolvéndose en pequeno ou gran grupo. 

Tamén existiu unha adaptación en 1º e 2º de Primaria, onde, por mor das circunstancias que estamos a vivir, a escrita aínda non está, nalgúns casos, totalmente asentada. Por tal motivo, para rematar a tarefa empregamos a aplicación Book Creator, que nos permite introducir o texto con teclado e gravar audio. Unha pequena volta que nos permitiu desenvolver a competencia dixital

Na seguinte presentación de Genial.ly podedes acceder ós traballos creados. 


Comentarios