CREAR...
... para xogar e pensar.
Despois de montar os escornabots, o alumnado de 5º A puxo a funcionar as engrenaxes da mente para crear distintos materiais enfocados ó traballo cos robots. Todo pensando nos máis cativos da escola.
O primeiro foi unha serie de dados con numeración e direccións.
Logo, un par de planillas acompañadas de instrucións con distintos niveis de dificultade.
Preme na imaxe anterior para acceder ós distintos niveis de dificultade.
Xa din que, cando intentas explicar ós demais o que tes aprendido é cando máis aprendes.
Magnífico traballo, rapaces!
Comentarios