O MUNDO EN AZUL
Quincena de concienciación sobre o autismo.
O día 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil. Pero tamén é o Día para a Concienciación sobre o Autismo.
Este curso esa data coincidiu en plenas vacacións de Semana Santa. Aínda así, o Equipo de Orientación da nosa escola non quixo deixala pasar, e converteu ese día nunha Quincena de Concienciación.
Para iso, fixo unha recompilación de materiais enfocados a toda a Comunidade Educativa que distribuíu en dúas semanas, cada unha das cales rematou cunha pequena tarefa na que participaron todas as aulas. Podedes consultalas nos seguintes enlaces:
Agradecemos ó Equipo de Orientación o seu traballo. E constatamos que, dende que temos abordado o tema, toda a Comunidade Educativa é máis sensible e empática en relación con este transtorno.
Parabéns!
Comentarios